![]() |
|
Las locas aventuras de Fura (el ultimo macarra sentimental) |
Cuentos y relatos para no dañar las neuronas propias ni ajenas. Total...nadie me va a creer!!
|
![]() |
Lembranzas de Praia do ForteLendo a bitácora de Martin Pawley "Dez boas razóns para achegarse até Pamplona", na que manifesta o seu desexo de viaxar a Rio de Janeiro pra coñecer un Brasil distinto, venme a memoría os paisaxes e a xente de Bahía.Se de verdade queres sabe-lo que é aquel país e as suas xentes, non teñas medo a percorrer as rúas da zona vella po-lo serán, ben perto do Peruleiro, e poderás disfrutar das batucadas, cun ritmo frenético marcado por trinta ou máis tambores; senta a tomar unha cervexa fría namentras escoitas e aprende dos sonidos (é gratis). Po-la noite, achégate ate o local do "Pirata" e cando estés na porta e vexas que no interior és ti o único branco, non teñas medo; colleráche da man unha garota e bailarás ate non ter forzas, ouvindo como canta o camareiro ate quedar afónico; entón poderás escoitar como canta o Pirata namentras descansas e metes na gorxa duas o tres caipirinhas. Lembrará-lo pra sempre, e ademáis e gratis. Cando xa non teñas forzas, colle o autobús que te levará a Praia do Forte. Farás unha alegre viaxe coa xente do pobo. O chegar, percorre a suas finas areas a luz inmensa da lúa, a procura de non tropezar coas miles de tartarugas que están a desovar. Iso sí, no camiño a casa, en medio de cocoteiros, procura ir ben espabilado pra non deixar a seseira por culpa da balística dos cocos. Chegarás a tempo de almorzar abundante froita fresca e zumes e pescado, na compaña dos camareiros, que estarán ledos de contarche as suas fazañas a espera do teu turno de lles contares unha bonita historia da túa terra. Non teñas medo,escoitaranche atentos porque son boa xente e nin sequera che cobrarán. Ao te levantare, mergúllate coa xente do porto a espera do ferry que te leverá a percorrer as moitas e fermosas islas que abundan nas verdes augas da costa. Poderás coñecer xente interesante; coma Guido, un italiano que fai moitos anos que vive soio coa súa dona nuha isla, vendendo ous seus cadros e máis o pescado que él mesmo arrinca das fértiles augas. Se tes algo interesante que contar, deixaráche quedar un ou dos días con eles. Non teñas medo, tamén é gratis. Xa volverás a terra outro día, que alí o tempo camiña moi ledo. E cando estés de volta na túa terra, en canto Martin Pawley se lle dé por falar das xentes do Brasil, poñeráseche a pel de galiña e a ialma melancólica e morriñuda. A túa saúde, Martin. E a de todo-los brasileiros. 2003-08-19 | Lo dice PaCotilla a las 04:14 | 4 Comentarios | #
Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://pacotilla.blogalia.com//trackbacks/10653
Comentarios
|
Otras historiasAlegoría de lo inevitable (El poder del destino)La Creación según San Cristán Cuando las Cíes eran un paraíso Anatomía Geográfica Comparada La vera historia de Cristóbal Colón e San Fura ¿Te gusta recordar? Al calor de la noche ICH BIN ALEN La Fundación de las Universidades El romance escondido El gato que nunca soñaba La receta definitiva del Licor Café Last night in Bangkok y viaje hasta Conquin
Traducible a gringo y granbritánicoHistorias de FuraEcha una ojeadaCuaderno de BitácoraDías estranhos Prestige Sin que sirva de precedente Evasivas El Peatón del Aire
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|
![]() |